As follas caen,
deixando cicatrices do paso do tempo.
Escribo, como escriben as fontes,
e logo debuxo mulleres
aproveitando os pecíolos das follas
da Archontopohenix cunningamiana
creativa permacultura ancestral,
facendo berces de nenos
e sacos para carrexar auga dende lonxe.
Camiñan en ringleira durante horas
transportando fluídos.
Escravas grávidas da auga son.
Escoito o son dos nenos que berran
nos camiños da terra seca.
Berran os nenos cando nacen
abrindo o saco amniotico.
No principio estaban na auga,
porque na auga principia a vida.
Adaptamos múltiples formas
porque somos auga
pechada nun saco.
Berce para nenos.
Bolsa de auga.
Bangalow.
Permacultura.
O proceso.
A OBRA DA ARTISTA SHELLEY HOIST
BANGALOW PALM
Bangalow é o nome aborixe de bolsa feita con folla de palma para carrexar auga.
Bangalow is aboriginal for "water carrying basket" from palm.
Archontophoenix cunningamiana
Hyophorbe lagenicaulis
Bottle Palm
A palmeira garrafa.
A palmeira garrafa.
CAMIÑO DOS MANANCIAIS
Habito os lugares
dun país hidratado.
Camiño cos pes descalzos, núa,
na procura dos mananciais da vida.
Chapoteo nas pozas,
escoito a auga,
e bebo nas fontes tranquilas.
Espero...
e canto nas fontes
dos lugares onde habitan as xentes
e nacen as lendas.
O LIBRO DA AUGA
Agora veño,
unha noite enteira,
camiñando dende moi lonxe,
na procura dos mananciais da vida.
Non podo encher o balde
nas fontes da infancia,
xa non escoito a auga,
e grávida volto, e volto, e volto
cada día...
Habito unha terra seca,
unha terra baldía.